Ven facer unha residencia na aldea de Muimenta. Se levas un proxecto en marcha ou queres desenvolver un novo e precisas un espazo ou estudo, podemos ofrecerche uns espazos incríbles para traballar e cociñar, pero tamén presentarte á aldea e á veciñanza.
Se vés agora no verán, ademais de traballar no teu proxecto, vas vivir os momentos típicos da aldea nesta época: bañarte na poza do pobo, ir á verbena e sentarte no banco coa veciñanza.
Se te apuntas ás residencias de outono, tocarache un pouco de choiva, castañas e cogomelos nunha aldea moi tranquila.
Durante a estancia, quizais che toque algún evento que se celebra no espazo, e así podes conectar con máis persoas de varias partes de Galicia ou do mundo.
Durante toda a túa estancia terás o apoio de Lucía, que tamén vive en Muimenta e xestiona todas as actividades dentro do proxecto Muimenta Viva.
Gustaríanos poder publicar información sobre o proxecto que vas desenvolver na aldea.
Cando solicites a túa residencia, podes escoller ou propor as datas; contactaremos contigo para confirmalas de acordo.